O GAITEIRO DE SANTO XUSTO ‘O SON DA ULLOA’

  • Gaiteiro de Santo Xusto
  • Casilda 
  • Rumbas
  • E vai de rondiña (con Xisco Feijoó)
  • A Currupia (con Os Minhotos)
  • Xota (con Pepe Vaamonde)
  • As nenas de Vilanova (con Zoelas)
  • Rumbas de Santo Xusto (con Tango en Xan3iro)
  • Os de Melide (coa Murga de Cántigas e Frores)
  • O Patrón (con Davide Salvado)
  • Ruada en Santo Xusto (coa Banda de Gaitas e Percusión de Cántigas e Frores)
  • Na Eira (con Germán Díaz)
  • A Alegría (con Begoña Lorenzo)

BRUNO VILLAMOR GAY

Bruno Villamor Gay  2017

Grabado, mesturado e masterizado por Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios (Friol).

Deseño e maquetación: Iskoö 

Bruno Villamor Gay publica o cd-libro O Gaiteiro de Santo Xusto ‘O son da Ulloa’, continuación do libro que recibe o mesmo título e que editou no ano 2014 no que recolle as vivencias do seu avó Ramiro Villamor, coñecido en toda a comarca da Ulloa como O Gaiteiro de Santo Xusto, un dos personaxes máis famosos e lembrados n’A Ulloa da segunda metade do século XX. Neste disco recolle parte do repertorio que aprendeu de Ramiro Villamor ‘O Gaiteiro de Santo Xusto’ (Palas de Rei) reinterpretado. 

Para este proxecto rodeouse de amigos e amigas (músicos de recoñecido prestixio) como Davide Salvado, Xisco Feijóo, Pepe Vaamonde, Germán Díaz, Zoelas, Tango en Xan3iro, Cántigas e Frores, Begoña Lorenzo, Os Minhotos, Marcos Galán, Miguel Anxo López ‘Chino’

 

0
glGallego