Libro que recolle os primeiros 60 anos de historia da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo. Asociación creada en Lugo no ano 1948 como unión das agrupacións corais “Frores e Silveiras” e “Cántigas e Aturuxos”. Dende esta época a Asociación Cultural “Cántigas e Frores” estivo e está vencellada á dinamización da vida cultural lucense. É membro fundador da Federación Galega de Grupos de Danzas e máis da Federación Española de Agrupacións de Folclore. Esta asociación organiza tódolos anos cursos sobre cultura tradicional e outras manifestacións culturais vencelladas con ela.
“Cántigas e Frores” participou de xeito continuo en actuacións e festivais coa súa coral, grupo de danzas e grupo de gaitas. Estas actuacións tiveron lugar por toda a Península Ibérica (Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia, País Vasco, Portugal e Principado de Asturias) e fóra desta (Arxentina, Bélxica, Brasil, Cuba, China e Francia).
Neste libro podemos atopar parte do repertorio das diferentes formacións que integraron Cántigas e Frores así como unha coidada selección de imaxes de tódalas épocas.
268 páxinas en formato 15,5×19,5cm
Copyright ©2025