Terceira entrega dunha serie de catro que recibe o nome de “Temperando: Iniciación” versión en Do, editada integramente pola editorial Dos Acordes. Esta serie divídese en catro volumes correspondéndose cos catro cursos oficiais do Grao Elemental de Gaita Galega que se imparte nos conservatorios de Galicia.
Os contidos desta terceira entrega están pensados para continuar traballando e perfeccionando os coñecementos e recursos adquiridos no anterior volume, aprendendo ademais a escrita e a execución de parte da ornamentación que se emprega habitualmente na música para gaita galega. Neste volume atoparemos exercicios técnicos, pezas tradicionais acordes co nivel no que nos atopamos e mesmo información sobre instrumentos tradicionais galegos, gaiteiros e cuartetos tradicionais para que o gaiteiro pouco a pouco siga adquirindo coñecementos sobre da nosa cultura tradicional. Ao final deste volume aportamos material complementario para que o profesor ou alumno teñan repertorio arranxado para gaita e outros instrumentos.
Todo o material amosado neste volume non só está pensado para ser útil a mestres e alumnos que traballen nestes niveis nos conservatorios, senón que este pode empregarse como un libro de aprendizaxe progresivo en asociacións e noutros tipos de escolas.
68 páxinas en formato DIN A4
Copyright ©2025