Temperando, Perfeccionamento II (Versión en Do)

Segunda entrega dunha serie de catro que recibe o nome de ‘Temperando: Nivel Intermedio’ versión en Do, editada integramente pola editorial Dos Acordes. Esta serie divídese en catro volumes correspondéndose aos catro primeiros cursos oficiais do Grao Profesional de Gaita Galega que se imparte na actualidade nos conservatorios de toda Galicia. 

Os contidos desta primeira entrega están pensados para continuar traballando e perfeccionando os coñecementos e recursos adquiridos nos catro volumes de ‘Temperando: Iniciación’ e no primeiro volume desta serie, continuando coa aprendizaxe da escrita e a execución de parte da ornamentación que se emprega habitualmente na interpretación de música para gaita galega, así como dos mecanismos necesarios para un perfecto dominio da afinación do noso instrumento. Neste volume atoparemos exercicios técnicos, pezas tradicionais e de autor con ornamentación acordes co nivel no que nos atopamos e mesmo información sobre instrumentos tradicionais galegos, gaiteiros e cuartetos tradicionais para que o gaiteiro pouco a pouco adquira coñecementos sobre da nosa cultura tradicional. Ao final deste volume aportamos material complementario para que o profesor ou alumno teñan repertorio arranxado para gaita e outros instrumentos. 

Todo o material amosado neste volume non só está pensado para ser útil a mestres e alumnos que traballen nestes niveis nos conservatorios, senón que este pode empregarse como un libro de aprendizaxe progresiva en asociacións culturais e noutros tipos de escolas de música.

98 páxinas en formato DIN A4

0
glGallego