ZOELAS

Zoelas é un grupo que emerxe nas terras rurais do interior de Galicia, na comarca da Ulloa. Tres voces femininas e arranxos pouco comúns da man de instrumentos como a zanfona, a gaita ou a guitarra, acompañan ás letras de composición propia tomando como principios e valores básicos a visibilidade da muller, o idioma galego e o rural. Composicións propias e letras tradicionais conviven para conformar un repertorio variado, abandeirado sempre pola nosa lingua nai. Zoelas foi finalista no “Festival Folk de Artistas Emerxentes Val da Maía ” (2016), finalista nos “Premios Martín Códax da Música ” (2019), contamos cunha nominación na categoría de “Mellor Tema Orixinal” nos “XIX Premios Opinión Música de Raíz ” e finalista no festival “Interritmos, Sons do Rural” (2021). 

Zoelas está formado por Érica García, Patricia Coucheiro, Bea García, Miki Varela, Michel Rivadulla e Bruno Villamor.

glGallego