Libro que recolle as vivencias de Ramiro Villamor ‘O Gaiteiro de Santo Xusto’, afamado gaiteiro na Comarca da Ulloa na segunda metade do século XX, e ademais meu avó. Neste libro relato os seus comezos musicais, as súas andanzas, as súas inquedanzas artísticas así como a transcrición de parte do seu repertorio.
Un apartado importante do libro é o dedicado ao Entroido que se celebraba en Santo Xusto (Palas de Rei) nesa época e do cal era o artífice e creador Ramiro.
O respecto que el sentía pola música, pola nosa cultura, polo idioma e a teima por dignificar a figura do gaiteiro non só lla soubo transmitir moi ben aos seu fillos, senón que esta chegou fortalecida ao seguinte elo familiar: catorce dos seus dezanove netos aprenderon a tocar algún instrumento da música tradicional galega ou aprenderon baile tradicional e moitos deles hoxe en día teñen por profesión a de músico.
200 páxinas en formato 15,5×19,5cm
Copyright ©2025