Primeira entrega dunha serie de catro que recibe o nome de “Temperando: Iniciación” versión en Re, editada integramente pola editorial Dos Acordes. Esta serie divídese en catro volumes correspondéndose cos catro cursos oficiais do Grao Elemental de Gaita Galega que se imparte nos conservatorios de Galicia.
Os contidos desta primeira entrega están pensados para iniciarse no mundo da gaita, podendo atopar no seu interior exercicios técnicos, pezas tradicionais acordes co nivel nos que nos atopamos e mesmo información sobre instrumentos tradicionais galegos, gaiteiros e cuartetos tradicionais para que o futuro gaiteiro pouco a pouco adquira coñecementos sobre da nosa cultura tradicional. Ao final deste volume aportamos material complementario para que o profesor ou alumno teñan repertorio arranxado para gaita e outros instrumentos.
Todo o material amosado neste volume non só está pensado para ser útil a mestres e alumnos que traballen nestes niveis nos conservatorios, senón que este pode empregarse como un libro de aprendizaxe progresivo en asociacións culturais e noutros tipos de escolas de música.
58 páxinas en formato DIN A4
Copyright ©2025