La educación

La educación

Dende moi novo centra gran parte da súa carreira artística á docencia. Comeza a impartir aulas de gaita e percusión tradicional na Asociación Cultural Cántigas e Frores con tan só 16 anos. Na actualidade imparte aulas de gaita, percusión tradicional, requinta e zanfona no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, na Escola de Música Municipal de Meira, na Tradescola (Lugo), na Asociación Cultural Cántigas e Frores (Lugo), na Asociación Cultural Peleriños (Sarria), na Asociación Cultural Virxe da Cela (Monfero), na Asociación Cultural Xesta Verde (Friol), na Coral ‘Lucus Terra’ do alumnado do IV Ciclo do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo) e na Asociación Cultural Foliada de Bosende (Lugo).

Outra faceta importante é a impartición de cursos, nos que destacan:

EN GALICIA:

  • Profesor de Técnicas de Gaita no “XVI Curso de Folclore Galego”, organizado pola Asociación Cultural “Cántigas e Frores” en Lugo na Semana Santa do ano 1998.
  • Profesor de Técnicas de Gaita no “XVII Curso de Folclore Gallego”, organizado pola Asociación Cultural “Cántigas e Frores” en Lugo na Semana Santa do ano 1999.
  • Profesor de Técnicas de Gaita no “XVIII Curso de Folclore Galego”, organizado pola Asociación Cultural “Cántigas e Frores” en Lugo na Semana Santa do ano 2000.
  • Profesor de Técnicas de Gaita no “XIX Curso de Folclore Galego”, organizado pola Asociación Cultural “Cántigas e Frores” en Lugo na Semana Santa do ano 2001.
  • Profesor de Técnicas de Gaita no “XX Curso de Folclore Galego”, organizado pola Asociación Cultural “Cántigas e Frores” en Lugo na Semana Santa do ano 2002.
  • Profesor do Curso de Técnica e Interpretación de Gaita Galega impartido no Conservatorio Profesional de Música de Ourense durante os días 18 e 19 de abril do 2006.
  • Profesor do curso “Os ritmos tradicionais galegos no ensino da música e da educación física” que formou parte do Curso de Verán “Música e Danza na Educación” organizado pola Universidade de Santiago de Compostela do 14 ao 17 de xullo do ano 2008.
  • Profesor de gaita nas Escolas Abertas (obradoiros organizados pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta e Galicia) nos anos 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.
  • Profesor do Obradoiro de Empalletado e Afinación organizado pola asociación 25 Xastres de Monterroso o día 31 de outubro do ano 2015.

NA GALICIA EXTERIOR ORGANIZADOS POLA SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN:

  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega na Unity Galega of New York (outubro 2013).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galego de México DF (outubro 2013).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no CRC Ourense de Münchestein-Basel (Suíza) (outubro 2014).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega na Irmandade Galega de Euskadi (Vitoria decembro 2014).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galego en Álava (Vitoria setembro 2015).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galicia en Ponferrada (setembro 2015).
  • Profesor do II Curso de Gaita Galega no Centro Galego de Santander (28 e 29 de novembro de 2015).
  • Profesor do Curso de Empalletado e Afinación organizado pola Asociación Sesións Galegas o 28 de decembro do ano 2015 na Casa Galicia de Bilbao.
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galego en Álava (Vitoria setembro 2016).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galego de Llodio (Llodio setembro 2016).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no Centro Galego de Santander (novembro 2017).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega na ACG A Roda de Lausanne (novembro 2017).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no Centro Galego de Santander (novembro 2018).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no Lar Galego de Pamplona (novembro 2018).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no Centro Galego de Alacante (decembro 2019).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega na ACG A Roda de Lausanne (novembro 2019).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galicia en Ponferrada (setembro 2021).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no Centro Galego de Santander ( novembro 2021).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galicia en Ponferrada (setembro 2022).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no Centro Galego de Santander ( novembro 2022).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega na ACG A Roda de Lausanne (novembro 2022).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no Lar Galego de Pamplona (novembro 2023).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no centro Lalín, Agolada en Bos Aires On-line (setembro 2023).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galego de Bizcaia en Barakaldo (setembro 2024).
  • Profesor do Curso de Gaita Galega no Centro Galego de Santander (outubro 2024).
  • Profesor de Gaita e Percusión Tradicional Galega no Centro Galego en Álava (Vitoria outubro 2024).

Froito desta experiencia docente deu en publicar a serie Temperando, método progresivo de aprendizaxe para gaita galega que publicou coa editorial Dos Acordes dentro da colección Cadernos de Gaita. No ano 2010 publicou o libro ‘Cántigas e Frores 60 anos de tradición’ no que recolle os primeiros 60 anos de existencia desta asociación así como recupera parte do repertorio de moitas das distintas formacións que formaron parte dela. Tamén sacou á luz no ano 2014 o libro O Gaiteiro de Santo Xusto ‘O son da Ulloa’ no que recolle no que recolle as vivencias do seu avó Ramiro Villamor, coñecido en toda a comarca da Ulloa como O Gaiteiro de Santo Xusto, un dos personaxes máis famosos lembrados na Ulloa da segunda metade do século XX e no que plasma gran parte do repertorio deste afamado Gaiteiro.

es_ESSpanish