TANGO EN XAN3IRO

Catro fontes de harmonía que conflúen case por casualidade no berce do Miño dan lugar a Tango en Xan3iro.

Unha zanfona, un clarinete baixo e un acordeón con raiolas de gaita e voz, dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias, e interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional.

No ano 2018 sacaron o single ‘Meu Pitiño’, e tempo máis tarde participaron na grabación do disco O Gaiteiro de Santo Xusto ‘O son da Ulloa’ de Bruno Villamor.

As Actacións máis destacadas: Festa de Leña Verde (Mosteiro-Pol); Friulio (Friol); 120 Aniversario de Avelino Díaz (Meira); Musicad I (Lugo); II Ciclo de música na rúa (Vilalba); Día de Galiza en Euskadi (Laudio); Feira do 48 (Lugo, organizada por Cántigas e Frores); Muralleando (Lugo)

Tango en Xan3iro está formado por Bruno Villamor (gaitas, zanfonas, requinta e percusións), Marisa Dapereira (acordeón), Xosé Ramón Saborido (clarinete baixo) e Patricia Coucheiro (voz).

es_ESSpanish