GAITEIRO DE SANTO XUSTO

Proxecto creado por Bruno Villamor que xira ao redor do repertorio de Ramiro Villamor ‘O Gaiteiro de Santo Xusto’ (Palas de Rei), o seu avó,  reinterpretado coa visión da música galega do século XXI.

Espectáculo moi coidado a nivel técnico cun audiovisual moi potente e no que se rodea de amigos e amigas como Davide Salvado, Xisco Feijóo, Pepe Vaamonde, Germán Díaz, Zoelas, Tango en Xan3iro, Cántigas e Frores, Begoña Lorenzo, Os Minhotos, Marcos Galán, Miguel Anxo López ‘Chino’, músicos de recoñecido prestixio ademais de colaboradores no disco libro que leva o mesmo nome.

glGallego