Trío creado en Melide no ano 2018 que ten como teima principal a de recuperar, transformar e difundir as músicas de tradición oral recollidas nas comarcas da Ulloa e Terras de Melide. No seu repertorio tamén inclúen melodías de autoría propia que aportan unha sonoridade particular ao mesturar o son de instrumentos tradicionais como a zanfona e a gaita co son e harmonías contemporáneas da guitarra e envoltas cunha riqueza exquisita de timbres e ritmos dun set de percusión moi coidado. Concertos máis destacados: Foliada de Melide (2018), San Froilán (2020), Basel (Suíza 2022), Feira do 48 (Lugo, 2022), Murallendo (Lugo 2020 e 2024) …
Unha das actividades que Perguizán desenvolveu con máis paixón e ilusión foi a montaxe dun proxecto no que alumn@s de centros escolares participaban activamente nun concertó interpretando cos seus instrumentos e voces tódolos temas xunto aos músicos profesionais que forman este grupo. a experiencia realizouse nos concellos de melide e Brión.
Perguizán está formado por: Miguel Varela ‘Miki’ nas percusións, Miguel Rivadulla na guitarra e Bruno Villamor na zanfona e gaitas.

Copyright ©2025